Biblioteca

Ubicación: Primeiro andar

Horario: 08.30 a 21.30 horas*, de luns a venres

Teléfono: 881012471

Persoal:  directorio UDC 

Web:  biblioteca FEE

A biblioteca recada na súa colección preto de 60.000 exemplares, que abranguen as diversas áreas do coñecemento propias da Facultade de Economía e Empresa, incluíndo o 100% da bibliografía recomendada das distintas titulacións que se imparten. Ofrece acceso electrónico a miles de ebooks das principais plataformas das editoriais académicas, a máis de 700 revistas académicas especializadas e ás bases de datos propias das súas áreas de coñecemento como Business Source Premier, SABI o EIKON Datastream. 

Destaca a súa sección de fondo histórico de economía galega.

Tamén conta con prensa económica e revistas profesionais, unha colección de Cine e Economía con libros, películas e documentais e unha sección BIC (Biblioteca de Interese Cultural) para fomentar o hábito lector entre o alumnado da Facultade. 

* Horario de verán (meses de xuño a setembro) e xornadas especiais (Semana Santa, luns e martes de Entroido e do 24 de decembro ao 7 de xaneiro): 09.00 a 20.30 horas. Mes de agosto 09.00h a 14.30h (Semana Grande de 09.00h a 14.00h)