CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS
RECLAMACIÓNS
En cumprimento do disposto no artigo 29 da Normativa Académica de Evaluacións, de Cualificacións e de Reclamacións, comunícase que o prazo para interpor RECLAMACIÓN contra as cualificacións é a partir da data de publicación das cualificacións definitivas e até 10 días hábiles despois de terminar o prazo establecido no calendario académico oficial para a entrega de actas, mediante escrito dirixido ao/á Decano/a do Centro.
O escrito deberá motivarse nalgunha das seguintes circunstancias (art. 29 Normativa):
- Inadecuación entre os contidos das actividades, dos traballos ou das probas e os previstos na guía docente (art. 3 desta normativa)
- Utilización de procedementos/criterios de avaliación distintos dos establecidos na guía docente da materia (artigo 3 da presente normativa)
- Erros obxectivos na cualificación
- Falta de cumprimento do establecido nos artigos 22 a 23 desta normativa
- Incumprimento dos artigos 8 e 9 desta normativa
AVALIACIÓN POR COMPENSACIÓN
REQUISITOS
Concederase a avaliación por compensación aos estudantes que cumpran todos e cada un dos seguintes requisitos:
- Que, matriculados en calquera titulación oficial, cursasen, polo menos, o 50% desta na Universidade da Coruña.
- Que só lles reste unha materia para finalizar os estudos da titulación correspondente (coa excepción do Proxecto de Fin de Carreira, Prácticum, Prácticas Clínicas, Traballo de Fin de Grao e Traballo de Fin de Mestrado), e non transcorrese máis tres anos académicos desde a última convocatoria suspensa.
- Materias de Grao/Mestrado: Que se teñan presentado, como mínimo, a tres oportunidades de avaliación da materia que solicitan compensar. (Dúas oportunidades para materias do derradeiro curso da titulación.
- Que nunha das oportunidades de avaliación obtiveran unha cualificación igual ou superior a 3,5 sobre 10, ou ben igual ou supeiro ao 60% da nota media desa materia no curso académico anterior... De non acadar esta cualificación mínimo o Tribunal pode valorar a solicitude de acordo no indicado no apartado c) do artigo 5.
- Que a nota media do seu expediente académico, sen computar a materia en que se solicita a compensación, sexa igual ou superior ao 80% da nota media da súa titulación na última promoción con dereito a docencia.
- Que estean matriculados na materia en que solicitan compensación, sempre que a normativa vixente llo permita. En caso contrario, deberán matricularse desa materia só aos efectos de concorrer ao proceso de avaliación por compensación.