Composición da Comisión Académica-Docente
Competencias delegadas na Comisión Académico-Docente:
- Planificación e desenvolvemento da actividade docente, cumprimento do profesorado, organización de espazos físicos, calendarios, exames e outras cuestións relacionadas coas devanditas actividades.
- Estudar e recomendar as validacións de materias solicitadas polos/as estudantes.
- Estudar e recomendar o recoñecemento e transferencia de créditos do Espacio Europeo de Educación Superior solicitados polos/as estudantes.
- Estudar e informar o recoñecemento de créditos de libre configuración solicitados.
- Estudar e recomendar o cadro de adaptacións.
- Recomendar o cadro de equivalencias ERASMUS e SICUE.
- Organizar, coordinar e supervisar as prácticas en empresas e institucións externas co obxecto de garantir a calidade na formación dos/as estudantes.
- Contribuír á ampliación e fomento dos convenios de cooperación que impliquen a mobilidade académica dos/as estudantes do centro.
- Fomentar as actividades formativas, docentes e investigadoras do persoal docente da facultade noutras institucións educativas e investigadoras internacionais.
- Aumentar a proxección externa das nosas titulacións.
- Propoñer cada ano académico os membros dos tribunais das teses de grao e mestrado.
- Propoñer os/as coordinadores/as das titulacións.
- Organizar e desenvolver, nos mestrados universitarios, o ensino que non estea encargado a área ou áreas de coñecemento dun departamento.
- Velar pola coherencia da planificación e organización dos plans de estudio.
- Establecer criterios e procedementos para resolver incidencias docentes.
- Establecer os mecanismos para que os programas/guías das materias, sexan públicos e accesibles para os/as estudantes.
- Establecer no seu seo a composición do órgano de admisión para os/as alumnos dos mestrados propostos pola Xunta de Facultade.
- Todas aquelas outras que estableza a Xunta de Facultade.

