Comisión de Biblioteca

Composición da Comisión de Biblioteca

Competencias Delegadas na Comisión de Biblioteca:

  • Participar na proposta de mellora dos servizos, espazos e equipamento da biblioteca.
  • Elevar propostas de mellora á Comisión de Biblioteca da UDC.
  • Propor criterios de distribución do orzamento da biblioteca de centro ou intercentros.
  • Velar polo cumprimento das directrices xerais na área da súa competencia, dentro do marco do Regulamento de Organización e Funcionamento do Servizo de Biblioteca da UDC, aprobado no Consello de Goberno do 22 de maio de 2008.
  • Analizar as propostas, suxestións e reclamacións dos usuarios da Biblioteca que non poidan ser resoltas polo/a director/a da biblioteca de centro ou intercentros.
  • Resolver calquera cuestión relacionada co servizo que lle someta a consideración o/a seu/súa presidente/a ou un terzo, polo menos, dos membros da comisión.
  • Elaborar, no seu caso, unha normativa de uso interno da biblioteca.
  • Calquera outra función, dentro do ámbito da súa competencia, que lle sexa encomendada.