Composición da Comisión de Garantía de Calidade:
- Presidencia: o/a decano/a.
Gómez Suárez, Manuel Alberto
- Vicepresidencia: o/a vicedecano/a responsable de Calidade.
López Rodríguez, José
- Secretario/a: o/a secretario/a académico do centro, que actuará como secretario/a da comisión.
Lema Fernández, Carmen Socorro
- Coordinadores/as dos títulos oficiais de grao e mestrado e o/a coordinador/a do Plan de acción titorial (PAT)
Calo Blanco, Aitor (mestrado Interuniversitario en Economía)
Fernández Rodríguez, Mª Teresa (mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas)
Gago Cortés, Mª del Carmen (mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas)
Lagoa Varela, Dolores (mestrado Universitario en Banca e Finanzas)
Rodríguez Gulías, Mª Jesús (PAT)
Sánchez Sellero, Mª del Carmen (grao en ADE)
Suárez Massa, Mª Isabel Ana (grao en Ciencias Empresariais)
Varela Candamio, Laura (grao en Economía)
- Administrador/a ou persoa da administración ou unidade de xestión académica integrada responsable da xestión administrativa das titulacións do centro en quen delegue.
Nodar Vázquez, José
- Cinco representantes do PDI membro da Xunta de Facultade, dos cales dous pertencerán ao Departamento de Economía, dous ao de Empresa e un ao resto dos departamentos, todos elixidos/as entre o conxunto de membros do PDI na Xunta de Facultade.
Longarela Ares, Ángeles Mª (departamento de Empresa)
Martínez Filgueira, Xosé Manuel (departamento de Economía)
Puime Guillén, Félix (departamento de Empresa)
Rey Graña, Carlota (departamento de Economía)
Vacante (outros departamentos)
- Dous representantes dos estudantes (un deles, se é posible, de Terceiro Ciclo), designados pola Xunta de Facultade.
Cuervo Rodríguez, Carlos
Mejuto Pérez, Jacobo
- Un representante do PAS do centro, designado pola Xunta de Facultade.
Vacante
- Un técnico da Unidade Técnica de Calidade , con voz e sen voto.
- Convidados permanentes: O presidente desta comisión poderá remitir un convite de carácter permanente a persoas que non pertenzan á comunidade universitaria e que figuren dentro das institucións ou empresas que forman parte dos grupos de interese da Facultade de Economía e Empresa. Estes convidados poderán actuar con voz, mais sen voto nas reunións da comisión.
Competencias delegadas na Comisión de Garantía de Calidade:
- Verificar a planificación do SGIC (Sistema de Garantía Interno de Calidade) do centro, de modo que se asegure o cumprimento dos requisitos xerais do MSGIC (Manual de Garantía Interno de Calidade), da política e os obxectivos da calidade e dos requisitos contemplados nas guías de verificación e certificación correspondentes.
- Recibir información do/a decano/a sobre a política e os obxectivos xerais da calidade do centro e difundir esta información polo resto do centro.
- Recibir e, no seu caso, coordinar a formulación dos obxectivos anuais do centro e realizar o seguimento da súa execución.
- Realizar o seguimento da eficacia dos procesos a través dos indicadores asociados a estes.
- Recibir información da dirección sobre os proxectos de modificación do organigrama e posicionarse ante estes.
- Controlar a execución das accións correctivas e/ou preventivas, das actuacións derivadas da revisión do sistema, das accións de resposta ás suxestións, queixas e reclamacións e, en xeral, de calquera proxecto ou proceso que non teña asignado especificamente un responsable para o seu seguimento.
- Estudar e, no seu caso, aprobar a implantación das propostas de mellora do SGIC suxeridas polos restantes membros do centro.
- Decidir a periodicidade e a duración, dentro do seu ámbito de competencia, das campañas de recollida de enquisas de medida da satisfacción dos grupos de interese.
- Recibir información do/a Profesor/a Responsable de Calidade e Converxencia dos resultados das enquisas de satisfacción e propor criterios para a consideración das propostas de mellora que se poidan derivar deses resultados.
- Todas aquelas outras que estableza a Xunta de Facultade.