Atribucións da Comisión Permanente:
- Colaborar co/a decano/a na dirección e goberno da Facultade.
- Estudar e decidir sobre os asuntos de trámite e os que expresamente lle sexan asignados, ben polo Pleno da Xunta, ou ben polo/a decano/a.
- Estudar e decidir, ou no seu caso elevar ao Pleno, os temas que lle sexan presentados polas comisións de traballo.
- Establecer as necesidades de investimento do centro (obras, instalacións, equipamento, etc.). Estudar e decidir a execución anual do orzamento asignado á facultade.
- Elaborar e aprobar, nos tres primeiros meses do ano, a memoria económica anual e, nos últimos tres meses do ano, a memoria de actividades do curso académico, para a súa presentación á Xunta de Facultade.
- Establecer os criterios que regulen o uso dos bens comúns e espazos físicos.
- Informar e controlar os servizos existentes no centro, agás o Servizo de Biblioteca.
- Informar sobre temas relativos á seguridade e saúde das persoas.
- Desenvolver e coordinar as actividades culturais e de extensión universitaria do centro.
- Executar as funcións expresamente delegadas polo Pleno da Xunta de Facultade.
- Todas aquelas outras que estableza a Xunta de Facultade.