Somos unha cidade situada no chamado Golfo Ártabro, na costa noroeste de España, con preto de 250.000 habitantes no seu núcleo urbano e uns 650.000 na rexión urbana A Coruña-Ferrol.
Temos unha ubicación xeográfica especial, cinguidos polo mar, con grandes atractivos turísticos como o paseo marítimo, a Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, museos, rutas turísticas, excelente gastronomía e festas como o San Xoán e o Entroido.