Somos un centro da Universidade da Coruña cuxa finalidade é a formación superior actualizada e de calidade, a investigación básica e aplicada de excelencia, a transferencia a empresas e organismos públicos, e a divulgación do coñecemento á sociedade nas áreas de Economía e Empresa.
Ofrecemos 3 graos, 4 mestrados e 1 programa de doutoramento. Entre eles hai 2 graos que imparten itinerarios en inglés, 2 programas de simultaneidade de graos, 1 grao aberto, 1 dobre mestrado internacional e 1 máster interuniversitario.
Estamos no campus de Elviña, na Coruña, unha cidade moderna e acolledora onde ninguén é forasteiro.