Coñece as nosas simultaneidades

ADE E DEREITO

O Programa de Simultaneidade dos graos en Administración e Dirección de Empresas e Dereito (ADE+D) proporciona unha completa formación teórica e práctica que che permitirá xestionar unha empresa ou organización de pequeno tamaño, asumir tarefas directivas nunha mediana ou gran empresa ou organización ou integrarche en calquera das súas áreas funcionais. Ademais, servirache para identificar, coñecer e aplicar os principios básicos e xenerais do ordenamento xurídico, así como defender e promover os valores esenciais do Estado social e democrático de Dereito.

A versatilidade que lle confire o seu carácter multidisciplinar permitirache inserirche no mercado laboral como profesional da Empresa e o Dereito. As saídas profesionais propias do grao en ADE súmanse ás saídas do grao en Dereito, e atópanse tanto no sector privado como na administración pública ou no exercicio libre da profesión.

O seu amplo recoñecemento por parte da sociedade e a súa elevada taxa de inserción laboral convértennos nunha excelente elección se o que desexas é especializarche no mundo das organizacións empresariais e o Dereito.

Video de presentación

Estudar ADE+Dereito

TURISMO E CIENCIAS EMPRESARIAIS

Os estudos de Ciencias Empresariais, herdeiros dos antigos estudos de Comercio, Peritaxe e Profesorado mercantil cunha longa tradición na Coruña, capacitaron a varias xeracións de profesionais do mundo dos negocios. Os estudos de Turismo viron incrementarse a súa demanda como resposta ao constante incremento das actividades englobadas no sector turístico tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

O Programa de Simultaneidade dos graos en Turismo e en Ciencias Empresariais proporciona unha formación multidisciplinar orientada á resolución de problemas e á toma de decisións de xestión no ámbito da empresa que se completa cos coñecementos teóricos e prácticos especificamente adaptados ao sector turístico.

Con esta titulación terás diante túa un gran abanico de saídas profesionais tanto no mundo da empresa, por conta allea ou propia, como na administración pública. As diversas especialidades da industria turística constitúen un dos sectores que máis postos de traballo xera hoxe en día en España.

Video de presentación

Estudar Turismo+CCEE