Xunta de facultade
É o órgano de goberno da Facultade e está composto en un 63% por PDI, un 28% por estudantes e un 9% por PAS.
Principais Funcións da Xunta de Centro:
- Elixir o/a decano/a e, se for o caso, revogalo/a.
- Supervisar a xestión dos diferentes órganos de goberno e administración do centro.
- Informar sobre a implantación de novas titulacións e estudos.
- Elaborar e aprobar as propostas de planos de estudos das titulacións que se impartan no centro.
- Formular anualmente, antes do comezo do curso académico, o plano docente do centro coordinadamente cos departamentos adscritos ao centro.
- Organizar, supervisar e informar sobre as actividades docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito de competencia, e coordinar e supervisar o desenvolvemento dos contidos mínimos das materias impartidas neles polos departamentos, de acordo cos planos de estudo e cos obxectivos establecidos para cada titulación.
- Programar os servizos e equipamentos do centro e mais supervisar a súa xestión.
- Acordar a distribución dos créditos concedidos ao centro e controlar a súa aplicación.
- Composición
- Resumo das Reunións da Xunta de Centro e Comisións Delegadas
Comisións Delegadas
Comisión Académico Docente
Comisión de Biblioteca
Comisión Garantía Calidade
Comisión de Normalización Linguística
Comisión Permanente
Comisión de Traballos Fin de Grao
Outras Comisións
Comisión de Admisión Mestrados

