PAT - Tutorización e Mentoring

TITORIZACIÓN

O PAT da FEE ofrece servizos de titorización ao seu alumnado a diferentes niveis.

Titores/as de Grao

Se decides participar no PAT terás asignado un titor/a (profesor ou profesora da FEE) que te acompañará ao longo de toda a túa vida académica
Consulta aquí o listado de titores/as de grao para o curso 21/22.

Se xa estiveches matriculado no Grao no ano académico anterior ou precedentes o teu titor/a segue a ser o mesmo do primeiro curso no que te matriculaches.
Consulta aquí o listado de titores/as de grao para os cursos anteriores.

Titores/as de Máster

Se es alumno/a de máster terás asignado un titor/a (profesor ou profesora da FEE) que te acompañara ao longo dos teus estudos de máster.
Consulta aquí o listado de titores/as de máster para o curso 21/22.

Titores/as Sénior

Ofrecerá información e asesoramento mais personalizado de cara a un futuro investigador, laboral e/ou empresarial do alumnado que están nos últimos cursos e remata a súa formación na nosa facultade.
Consulta aquí o listado de titores/as senior para o curso 21/22

Titora Atención á Diversidade

Pretende facilitar a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades ou barreiras externas a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. En colaboración directa coa ADI (Unidade Universitaria de Atención á Diversidade).
Consulta aquí a tutora ADI para o curso 21/22

MENTORIZACIÓN

O Programa de Mentoría do PAT da FEE ten a finalidade de que estudantes dos últimos cursos de grao e estudantes de mestrado axuden e orienten a estudantes de novo ingreso na FEE no inicio da súa traxectoria universitaria.

PROGRAMA MENTORÍA DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA. CURSO 2021-2022

Consulta quen é o/a teu mentor/a

PROGRAMA MENTORÍA DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA. CURSO 2022-2023