Prácticas Académicas Externas

As prácticas académicas externas ocupan un lugar preferente naquelas titulacións e naqueles programas nos que se recoñece a necesidade de ofertar unha formación na que se combinen os compoñentes teóricos e os prácticos, e nos que se considera que a aprendizaxe práctica é fundamental para acadar un perfil profesional axeitado.

CUESTIÓNS XERAIS

Cuestións xerais sobre as prácticas externas na UD

Na seguinte ligazón atoparás a información xeral sobre as prácticas publicada na web da Universidade:  https://www.udc.es/es/emprego/practicas/

Normativa aplicable

A principal normativa aplicable atópase na seguinte ligazón: https://www.udc.es/es/emprego/practicas/normativa/. A normativa específica para a FEE tela nesta ligazón (Regulamento_practicas_FEE.pdf).

Seguro prácticas

A información sobre o seguro de prácticas atoparala na seguinte ligazón: https://www.udc.es/es/emprego/practicas/seguro/

Consulta de convenios de entidades  coa UDC

Na seguinte ligazón atoparás a información sobre os convenios asinados coa UDC e poderás verificar se actualmente atópanse activos ou é necesario renovalos para incorporar aos estudantes en prácticas: información convenios

Modelos de convenios e formularios de prácticas externas

A través da seguinte ligazón poderás descargar toda a documentación necesaria: https://www.udc.es/es/emprego/practicas/modelosdeconvenioseformularios/

Os documentos básicos son: 1) Convenio de colaboración entre entidade e Universidade; 2) Proxecto formativo asinado polo titor profesional, o estudante e o titor académico; 3) Informe final elaborado polo titor profesional; 4) Memoria final elaborada polo estudante.

Recoñecemento de prácticas académicas curriculares

Aqueles estudantes  que queiran convalidar as prácticas curriculares teñen tres vías fundamentais: 1) Por experiencia  laboral no ámbito profesional da súa titulación; 2) Por realizar prácticas extracurriculares académicas (con titor académico da FEE) por un valor de horas igual ao requirido nas curriculares e tramitado o proxecto formativo desde a FEE; 3) Por realizar prácticas a través da FUAC e sempre que éstas teñan un titor académico da FEE que asine o proxecto formativo previamente ao comezo das prácticas. Nesta opción debes de informar á FUAC diso e que poidan porse en contacto coa FEE para firmar a documentación pertinente. Si non se cumpre este requisito, non serán convalidables.

Oferta de prácticas en empresas no ámbito internacional

A través da Oficina de Relacións internacionais (https://www.udc.es/gl/ori/) podes informarche das prácticas en empresas no ámbito internacional na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/ori/inf_estudiantes_udc/practicas_empresas/oferta_practicas/index.html.

A materia de prácticas curriculares

Na Guía Docente de cada materia de prácticas curriculares atoparedes todas as cuestións relativas ao seu contido.

MOI IMPORTANTE:O descoñecemento da normativa non exime do seu cumprimento. Ante calquera dúbida, envíanos un email a practicas.fee@udc.es

Formulario inscrición prácticas extracurriculares

ITINERARIO DO PROCESO DE PRÁCTICAS CURRICULARES

Fluxogramas Prácticas

FAQs

Preguntas frecuentes