A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña ofrece a posibilidade de asistir ás clases do Grao en Administración e Dirección de Empresas e do Grao en Economía nun grupo onde polo menos o 50% dos créditos se impartan en inglés. Pode consultar as materias impartidas en inglés en ADE y ECO. Puede consultar otra información académica (horarios, exámenes, etc.) aquí Tenga en cuenta que los grupos de inglés de Economía y de ADE tienen horarios y aulas específicos.
O Suplemento Europeo ao Título (SET) reflexará a circunstancia de ter cursado a opción plurilingüe.
Matrícula e Requirimentos
Requisitos
Para optar á opción bilingüe o alumnado deberá acreditar algunha das seguintes condicións:
- Que posúan unha certificación oficial de nivel B1 (Só se admitirán as certificacións recoñecidas pola Asociación de Centros de Lenguas en la Enseñanza Superior, e as admitidas polas mesas lingüísticas de la CRUE).
- Que superasen un curso equivalente a 4º de ESO ou superior en sistemas educativos de lingua inglesa.
- Superar a proba de certificación en lingua inglesa que se realizará no Centro de Idiomas da UDC.
No caso de que o alumnado non poida acreditar algunha das condicións anteriores, no momento da matrícula, disporá dun prazo ata o inicio do segundo cuadrimestre para obter a dita acreditación.
Como matricularse no grupo en inglés
- Deberá matricularse no Grao en Administración e Dirección de Empresas, ou no Grao en Economía, independentemente da súa elección respecto ao grupo plurilingüe.
- No momento de formalizar a matrícula na Administración do Centro, deberás solicitar a túa incorporación no grupo plurilingüee
a) Presentar a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos a que se refire o apartado anterior, ou
b) inscribirte na proba de inglés que se realizará no Centro de Linguas da UDC
- Adxudicación de prazas
No caso de que o número de alumnos que queiran acceder ao grupo en inglés sexa superior ao número de prazas dispoñibles, estas adxudicaranse, en cada período de matrícula, por orde de cualificación na admisión.
- Incorporación e desestimento nos grupos en inglés
O alumnado que opte pola opción de impartir en inglés cursará un determinado número de materias do grao no que se matricule nesa lingua, para o que se lles asignará un grupo separado.
Habilitarase un prazo de 15 días desde o inicio do cuadrimestre durante o cal poderán solicitar a baixa da súa adscrición ao grupo bilingüe. Neste caso, serán reasignados a un grupo con docencia nas linguas oficiais de Galicia.
Máis Información
Acreditación do nivel de inglés requerido para incorporarse ao grupo plurilíngüe en Economía ou ADE
Instrución da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación sobre a acreditación lingüística do alumnado para o acceso a estudos de Grao bilingüe e estudos de Máster con requisito de idioma, complementaria á publicada o 19 de xuño de 2018