¿Qué é o PAT?

QUÉ E O PAT?:

O PAT é un plan de atención titorial que ofrece a Universidade da Coruña para orientar o teu desenvolvemento académico ao longo da túa vida universitaria. Actualmente no centro estase a ofertar aos alumnos de grao e master.

EN QUE TE PODE AXUDAR?:

• ACOLLER e FACILITAR a adaptación na UDC dun xeito máis persoal a cada alumno/a.
• ORIENTAR académicamente e profesionalmente.
• ACOMPAÑAR-SEGUIR ao alumnado no proceso de aprendizaxe.
• MEDIAR nas relacións problemáticas que se poidan dar puntualmente.
• AXUDAR no ámbito persoal si fora necesario ou remitilo a outros servizos se non é posible.