Sistema de Garantía Interna de Calidade

A FEE ten un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) que busca principalmente garantir a calidade do funcionamento do centro, e particularmente o das titulacións das que éste é responsable. O noso SGIC foi deseñado conforme ás directrices do Programa FIDES-AUDIT da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e está implantado desde o curso 2010/11. A implantación do noso SGIC conforme ás directrices do devandito programa foi certificada pola ACSUG o 30/07/2013, sendo o noso centro un dos primeiros a nivel nacional en acadar esta certificación.

Documentación do SGIC

Aplicación do SGIC (Manual, informe final de certificación do SGIC, Certificado do deseño do SGIC, Certificado de implantación do SGIC, Informe final de certificación de implantación do SGIC e procedementos)
Informe de seguimento do SGIC (13/11/2020)