
Título acreditado pola CNMV e polo Banco de España para asesorar en materia de investimento e en materia de contratos de crédito inmobiliario
Este mestrado ten como obxectivo que o estudante adquira os coñecementos e as competencias necesarias para se desenvolver profesionalmente na dirección financeira de empresas, banca e intermediación financeira, e actividades profesionais relacionadas con produtos e/ou riscos financeiros.
30
PRAZAS
60
CRÉDITOS ECTS
ACTIVIDADES DERIVADAS
Ciclo de conferencias en finanzas empresariais e mercados financeiros; viaxe de estudos (eg, Instituto de Crédito Oficial, Bolsa de Madrid, CNMC); talleres de directivos; xogo de empresa.
Colaboran: BME, Abanca, Atria, Mapfre.
PRÁCTICAS REALIZADAS/OFERTADAS
- 6 créditos ECTS (150 horas)
- Entidades receptoras: ABANCA, Liberbank, DKV Seguros, Grupo Regueira, Inditex, FINSA, Aluminios Cortizo, Banco Santander, Deutsche Bank.
COMPOSICIÓN DO EQUIPO DOCENTE
25 profesores, dos cales 6 son profesionais e 19 terían un perfil mixto ou académico.
Sectores: banca, mercados financeiros, dereito
168
EGRESADOS
11
EDICIÓNS
87
% TAXA DE INSERCIÓN LABORAL

Taxa de inserción laboral superior ao 80%

Único Mestrado Oficial en Banca e Finanzas de Galicia

Preparación para exames EFA e DAF

Viaxe de fin de curso á Bolsa, ICO, CNMC
Vantaxes de estudar o Mestrado na Facultade de Economía e Empresa da UDC
-
Título acreditado pola CNMV para asesorar e informar en materia de investimento de acordo con MiFID II Máis info
-
Preparación para a acreditación como asesor financeiro certificado – European Financial Advisor (EFPA)
-
Único Mestrado Oficial en Banca e Finanzas de Galicia
-
Formación rigorosa e actualizada
-
Orientación profesional
PERFIL DE ACCESO
Titulación universitaria
O mestrado impártese en lingua castelá e todas as actividades docentes e de avaliación realízanse na devandita lingua. Os estudantes, cuxa lingua de orixe non sexa o castelán deberán considerar se teñen ou alcanzan a suficiente competencia lingúística para o seguimento das clases e desenvolvemento de todas as actividades académicas que implica a realización do Mestrado con total normalidade. Ademais, non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos en exames e probas.
PERFIL DE SAÍDA
- Desempeñar labores profesionais na área da xestión e/ou a dirección financeira de empresas.
- Prestar servizos de intermediación financeira, de maneira independente ou no seo dunha entidade financeira.
- Actuar como profesional independente prestando servizos de asesoramento ou xestión financeira.
Datos de impacto da última convocatoria
97.6 %
de créditos superados sobre créditos presentados a exame (convocatoria 2017/18)
40 %
de prácticas realizadas en principais entidades financeiras (convocatoria 2018/19)
11
conferencias de profesionais e directivos (convocatoria 2018/19)
591 €
CUSTO APROXIMADO POR CURSO ACADÉMICO PARA ALUMNOS UE
MUBF (UE)
1.034 €
CUSTO APROXIMADO POR CURSO ACADÉMICO PARA ALUMNOS NoUE
MUBF (NoUE)
Actualidade
PLAN DE ESTUDOS
- Banca: 5 ECTS
- Mercadotecnia Financeira: 2 ECTS
- Mercados Financeiros: 4 ECTS
- Sistema Financeiro: 5 ECTS
- Sistemas de Información : 3 ECTS
- Técnicas Estatístico-Econométricas Aplicadas: 5 ECTS
- Valoración de Activos Financeiros: 3 ECTS
- Valoración Financeira: 3 ECTS
- Análise e xestión de riscos: 4 ECTS
- Contabilidade de entidades e instrumentos financeiros: 3 ECTS
- Dereito da intermediación financeira: 2 ECTS
- Fiscalidade das operacións e dos instrumentos financeiros: 3 ECTS
- Instrumentos financeiros derivados: 3 ECTS
- Macroeconomía en economías abertas: 3 ECTS
- Prácticas: 6 ECTS
- TFM: 6 ECTS