Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas (MUCSAC)

Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas (MUCSAC)

nivel avanzado

Único Mestrado Oficial de Contabilidade e Auditoría en Galicia

Este mestrado ten como obxectivo encamiñar os estudantes ao exercicio profesional de actividades relacionadas coa Contabilidade e a Auditoría de Contas a nivel avanzado.

AO DETALLE

30

PRAZAS

60

CRÉDITOS ECTS

60 + ata 42 créditos adicionais de complementos formativos (dependendo da titulación de acceso)

ACTIVIDADES DERIVADAS

Seminarios de Actualización

PRÁCTICAS PROFESIONAIS

  • 6 créditos ECTS (100 horas)
  • 30 prazas

ENTIDADES RECEPTORAS

  • Abanca
  • Argo Asociados
  • At Consultores y Auditores
  • Audicon
  • Audiplan Sistema S.L.
  • Auren Auditores
  • Ayuntamiento de A Coruña
  • BDO
  • Consello de Contas
  • Crowe Horwath Auditores
  • Deloitte
  • Diputación de A Aoruña
  • EY
  • F. Verdía
  • Fair Value Auditores S.L.
  • Fundación Juana de Vega
  • Iberaudit Kreston S.L.
  • Nw AUditores
  • Tesouros de Galicia
  • PwC
  • VENTO

COMPOSICIÓN DO EQUIPO DOCENTE

12 profesores. Dos cales, 8 con experiencia profesional no campo da Contabilidade e a Auditoría. 5 deles seguen compaxinando o exercicio profesional coa docencia.

95

EGRESADOS

5

EDICIÓNS

90

% TAXA DE INSERCIÓN LABORAL

38 empresas e despachos no programa de prácticas

Taxa de inserción laboral superior ao 80 %

O 80 % dos créditos ECTS son comúns a todos os mestrados ICAC

Único mestrado oficial homologado polo ICAC

LISTAXE DO PROFESORADO

  1. Vara Arribas, Ricardo: Informes de Auditoría, Fundamentos de Auditoría e Procedimientos de Auditoría 
  2. Martínez Fernández, Paulino: Tecnologías de Comunicación y sistemas Informáticos para la Contabilidad y la Auditoría 
  3. Rodríguez Sánchez, Carlos Enrique: Contabilidad Superior I 
  4. Borrajo Dios, Jorge: Contabilidad Superior II 
  5. González García, Isaías: Contabilidad Sectorial 
  6. Puime Guillen, Félix: Normas Internacionales de Información Financiera 

Vantaxes de estudar o mestrado na Facultade de Economía e Empresa da UDC

  • Exime de realizar a fase teórica do exame de acceso ao Rexistro Oficial de Auditores de Contas
  • Elevada demanda de egresados por parte dos empregadores no campo da Contabilidade e a Auditoría de Contas
  • Único Mestrado de Contabilidade e Auditoría en Galicia con recoñecemento oficial no espazo europeo de educación superior e con homologación polo Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (Ministerio de Economía)
  • Mestrado Oficial público con taxas de matrícula reguladas pola Xunta de Galicia e con todas as vantaxes de acceso a bolsas das titulacións oficiais públicas.
REQUISITOS DE ACCESO

Título de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a, diplomado/a ou graduado/a. Dependendo da titulación de acceso, esíxese ou non cursar ata 7 materias de complementos formativos, de 6 ECTS cada unha.

PERFIL DE SAÍDA

Capacidade de elaborar, comunicar, analizar e revisar a información económico-financeira dunha empresa ou un grupo de empresas nacionais ou internacionais, aplicando para iso a normativa contable vixente na Unión Europea e en gran parte do resto do mundo.

Datos de impacto da última convocatoria (2017/18)

98 %

de créditos superados sobre créditos presentados a exame

38

empresas e despachos programa prácticas

40

créditos comúns a outros mestrados ICAC

100 %

de prazas cubertas ata a última edición

8

conferencias de profesionais e directivos

 

PREZO VARIABLE DEPENDENDO DA TITULACIÓN

Prezo por curso académico para estudantes UE/non UE
As taxas por cada crédito ECTS foron de 21 euros na última edición iniciada. Dependendo do título de acceso, han de se cursar un mínimo de 60 e un máximo de 102 créditos ECTS. Os prezos por crédito apróbaos cada ano no mes de xuño a Xunta de Galicia. Nos últimos 5 anos estiveron conxelados.

Actualidade e información académica

COMIENZO CURSO 2023-24

O luns 09/11/2023 ás 18:30 horas no Salón de Graduados da FEE, inauguración oficial do curso 2023-24 do MUCSAC coa presenza da Decana da Facultade Dra Doña Carmen Lema e membros do Claustro de Profesores. A partir do martes, día 12, as clases en horario habitual de 18:30 a 21:30 horas. A semana anterior, do 4 ao 8 de setembro, impartirase un curso cero de Fundamentos de Contabilidade para nivelar os contidos para axudar a superar a proba de nivel superior de Contabilidade I.

HORARIOS CURSO 2023-24

HORARIO_MUCSAC_2023-24

INFO MATRÍCULA 2023-24

Mais INFO

PLAN DE ESTUDOS DESAGREGADO POR MATERIAS E ECTS/MATERIA

CONTIDO MÍNIMO OBRIGATORIO

Que deben cursar os graduados en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña e outros titulados dispensados de cursar todos os contidos do Bloque II. Outras materias, do ANEXO A: BLOQUES, MÓDULOS E MATERIAS DE FORMACIÓN TEÓRICA, recollido na Resolución do 26/07/2021 , do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC).  Véxase esta ligazón.

  • Fundamentos de Auditoría: 6 ECTS
  • Procedementos de Auditoría: 6 ECTS
  • Informes de Auditoría: 6 ECTS
  • Contabilidade Superior I: 6 ECTS
  • Normas Internacionais de Información Financeira: 3 ECTS
  • Prácticas en empresas: 3 ECTS
  • Contabilidade sectorial: 6 ECTS
  • Contabilidade superior II: 6 ECTS
  • Tecnoloxías de comunicación e sistemas informáticos para a contabilidade e a auditoría: 6 ECTS
  • Seminarios de actualización: 3 ECTS
  • Prácticas en empresas: 3 ECTS
  • Traballo fin de máster: 6 ECTS

COMPLEMENTOS FORMATIVOS

Adicionalmente, e co fin de que o título de mestrado sexa homologado polo ICAC, deberanse matricular nos complementos formativos do Mestrado as persoas que non obtivesen un título que as faculte para obter a dispensa de cursar todos os contidos do Bloque II. Outras materias, do ANEXO A: BLOQUES, MÓDULOS E MATERIAS DE FORMACIÓN TEÓRICA, recollido na Resolución do 12/06/012, do (ICAC), pola que se regulan os criterios xerais de dispensa correspondentes á realización dos cursos de formación teórica e á superación da primeira fase do exame a quen posúa unha titulación oficial con validez en todo o territorio nacional, en función do establecido no art. 36.2 do Regulamento que desenvolve o texto refundido da Lei de auditoría de contas.

Complementos formativos en función de la titulación de acceso

GRADUADOS EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS POLA UDC

Deberán matricularse na seguiente materia:

  • Título: GEMP
  • Código: 4506023
  • Materia: Dereito do Traballo e da Seguridade Social (6 ECTS)

Nota: Quen estea en posesión do Dobre Grao en Dereito e Administración e Dirección de Empresas poderán solicitar posteriormente a convalidación desta materia.

GRADUADOS EN ECONOMÍA POLA UDC

Deberán matricularse nas seguintes materias:

  • Título: GEMP
    • Código: 4506023
    • Materia: Dereito do Traballo e da Seguridade Social (6 ECTS)
  • Título: GEMP
    • Código: 4506024
    • Materia: Contabilidade de Sociedades (6ECTS)

OUTROS TITULADOS

Sen prexuízo de poder solicitar a posteriori a convalidación con materias similares xa superadas nos seus títulos de Grao, deberán matricularse nas seguintes materias:

  • Título: GEMP
    • Código: 4506020
    • Materia: Principios de Microeconomía (6 ECTS)
  • Título: GECO
    • Código: 4506025
    • Materia: Dereito da Empresa (6 ECTS)
  • Título: GEMP
    • Código: 4506021
    • Materia: Estatística I (6 ECTS)
  • Título: GECO
    • Código: 4506026
    • Materia: Facenda Pública Española. Sistema Fiscal (6 ECTS)
  • Título: GEMP
    • Código: 4506022
    • Materia: Análise das Operacións Financeiras (6 ECTS)
  • Título: GEMP
    • Código: 4506023
    • Materia: Dereito do Traballo e da Seguridade Social (6 ECTS)
  • Título: GEMP
    • Código: 4506024
    • Materia: Contabilidade de Sociedades (6 ECTS)

Lugar de impartición

Facultade de Economía e Empresa

Horario

De luns a venres, das 18:30 ás 21:30 h para os 60 créditos de contido mínimo obrigatorio (os horarios de complementos formativos dependen das materias e do grupo a que se adscribe o alumno)

Preinscrición en máster

Calendario académico

contacta co coordinador

Mayte Fernández Rodríguez


m.fernandezr@udc.es