
Achégate á realidade empresarial
Este mestrado ten como obxectivo achegar o estudante á realidade empresarial creando un contorno docente que permita a aplicación do learning by doing nun contexto multidisciplinar, que o dote de coñecementos especializados no ámbito da dirección e administración de empresas.
30
PRAZAS
60
CRÉDITOS ECTS
ACTIVIDADES DERIVADAS
- Contacto con profesionais externos.
- Asistencia a conferencias impartidas por directivos e profesionais.
PRÁCTICAS PROFESIONAIS
- 6 créditos ECTS (100 horas).
30 prazas.
PROGRAMA DE INTERNACIONALIZACIÓN
Destino: Rennes
Titulación adquirida: Dobre título: Máster en Dirección e Administración de Empresas (Universidade da Coruña) e Master of Science in International Negotiation and Business Development (Rennes Business School).
Destino: Delaware
Titulación adquirida: Dobre título: Máster en Dirección e Administración de Empresas (Universidade da Coruña) e Master of Jurisprudence in Corporate & Business Law (Widener University).

Posibilidade de internacionalización e dobre titulación

Metodoloxía innovadora baseada no “Método do Caso”

Conferencias de profesionais e directivos

Prácticas en empresas por valor de 6 créditos
Vantaxes de estudar o mestrado na Facultade de Economía e Empresa da UDC
-
Aplicación dunha metodoloxía innovadora, orientada ao desenvolvemento de proxectos reais, fundamentada na análise e resolución de problemas que os directivos dos diferentes departamentos de empresas teñen que afrontar na súa práctica diaria.
-
Participación en obradoiros de directivos, para coñecer de primeira man profesionais externos que desenvolven a súa actividade en empresas de recoñecido prestixio.
-
Realización de prácticas externas en empresas de diferentes sectores.
-
Posibilidade de desenvolver unha dobre titulación no estranxeiro, grazas aos programas de internacionalización existentes con dúas universidades: Rennes Business School, en Rennes e Widener University, en Delaware.
-
Acceso ao programa de doutoramento que se imparte na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña
PERFIL DE ACCESO
O programa oriéntase preferentemente a persoas que se acaban de titular en Administración e Dirección de Empresas, Empresariais, Economía e outras titulacións afíns. Aínda que este é o perfil académico preferente para o acceso, o programa tamén está aberto a calquera outra titulación que pretenda desenvolver a súa actividade profesional no mundo da xestión empresarial.
PERFIL DE SAÍDA
As competencias e habilidades adquiridas polo alumnado capacítao para ocupar postos directivos de empresas e organizacións orientados á xestión das distintas áreas funcionais, así como para levar a cabo iniciativas na creación de empresas.
Datos de impacto da última convocatoria (2019/20)
97.4 %
de créditos superados sobre créditos presentados a exame
90.9 %
de taxa de inserción laboral
20
conferencias de profesionais e directivos
Actualidade
Listaxe definitiva admisión MUDAE_Prazo extraordinario títulos alleos ao EEES
12 Maio, 2023
Pulsa no seguinte enlace: 20230512 MUDAE Listaxe 1d.report
Listaxe provisoria admisión MUDAE_Prazo extraordinario títulos alleos ao EEES
2 Maio, 2023
Pulsa no seguinte enlace: 20230428 MUDAE Listaxe 1p.report
Co patrocinio e colaboración da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña
PLAN DE ESTUDOS
- Dirección de Recursos Humanos: 3 ECTS
- Dereito de Empresa: 3 ECTS
- Dirección de Mercadotecnia: 6 ECTS
- Dirección Financeira: 6 ECTS
- Dirección Xeral: 6 ECTS
- Xogo de Empresa: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
- Obradoiros de directivos: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
- Análise do contorno: 3 ECTS
- Xestión da Empresa Familiar: 3 ECTS
- Xogo de Empresa: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
- Sistemas de Información. Xestión das TIC: 6 ECTS
- Obradoiros de directivos: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
- Prácticas en empresas: 6 ECTS
- Tese de máster: 6 ECTS
Lugar de impartición
Horario
Segundo cuadrimestre: De martes a xoves de 16:00 a 21:00 h
Modalidade
Preinscrición en máster
Calendario académico
Nota importante: as actividades académicas docentes do MUDAE inícianse no mes de outubro.