Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MUDAE-MBA)

Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MUDAE-MBA)

learning by doing

Achégate á realidade empresarial

Este mestrado ten como obxectivo achegar o estudante á realidade empresarial creando un contorno docente que permita a aplicación do learning by doing nun contexto multidisciplinar, que o dote de coñecementos especializados no ámbito da dirección e administración de empresas.

AO DETALLE

30

PRAZAS

60

CRÉDITOS ECTS

ACTIVIDADES DERIVADAS

  • Contacto con profesionais externos.
  • Asistencia a conferencias impartidas por directivos e profesionais.

PRÁCTICAS PROFESIONAIS

  • 6 créditos ECTS (100 horas).
    30 prazas.

PROGRAMA DE INTERNACIONALIZACIÓN

Destino: Rennes
Titulación adquirida: Dobre título: Máster en Dirección e Administración de Empresas (Universidade da Coruña) e Master of Science in International Negotiation and Business Development (Rennes Business School).

Destino: Delaware
Titulación adquirida: Dobre título: Máster en Dirección e Administración de Empresas (Universidade da Coruña) e Master of Jurisprudence in Corporate & Business Law (Widener University).

Posibilidade de internacionalización e dobre titulación

Metodoloxía innovadora baseada no “Método do Caso”

Conferencias de profesionais e directivos

Prácticas en empresas por valor de 6 créditos

Vantaxes de estudar o mestrado na Facultade de Economía e Empresa da UDC

  • Aplicación dunha metodoloxía innovadora, orientada ao desenvolvemento de proxectos reais, fundamentada na análise e resolución de problemas que os directivos dos diferentes departamentos de empresas teñen que afrontar na súa práctica diaria.
  • Participación en obradoiros de directivos, para coñecer de primeira man profesionais externos que desenvolven a súa actividade en empresas de recoñecido prestixio.
  • Realización de prácticas externas en empresas de diferentes sectores.
  • Posibilidade de desenvolver unha dobre titulación no estranxeiro, grazas aos programas de internacionalización existentes con dúas universidades: Rennes Business School, en Rennes e Widener University, en Delaware.
  • Acceso ao programa de doutoramento que se imparte na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña
PERFIL DE ACCESO

O programa oriéntase preferentemente a persoas que se acaban de titular en Administración e Dirección de Empresas, Empresariais, Economía e outras titulacións afíns. Aínda que este é o perfil académico preferente para o acceso, o programa tamén está aberto a calquera outra titulación que pretenda desenvolver a súa actividade profesional no mundo da xestión empresarial.

PERFIL DE SAÍDA

As competencias e habilidades adquiridas polo alumnado capacítao para ocupar postos directivos de empresas e organizacións orientados á xestión das distintas áreas funcionais, así como para levar a cabo iniciativas na creación de empresas.

Datos de impacto da última convocatoria (2019/20)

97.4 %

de créditos superados sobre créditos presentados a exame

90.9 %

de taxa de inserción laboral

20

conferencias de profesionais e directivos

MUDAE-MBA (UE)

Consulte o custo aproximado por curso académico na seguinte ligazón

MUDAE-MBA (NoUE)

Consulte o custo aproximado por curso académico na seguinte ligazón

Actualidade

Taller de Mayte Gutiérrez 2024

Taller de Mayte Gutiérrez 2024

Taller de Manuel Baldelana 19.03.24

Taller de Manuel Baldelana 19.03.24

Taller de Miguel Conde

Taller de Miguel Conde

Cartel Miguel Conde

Co patrocinio e colaboración da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña

PLAN DE ESTUDOS

  • Dirección de Recursos Humanos: 3 ECTS
  • Dereito de Empresa: 3 ECTS
  • Dirección de Mercadotecnia: 6 ECTS
  • Dirección Financeira: 6 ECTS
  • Dirección Xeral: 6 ECTS
  • Xestión estratéxica mediante simulación empresarial: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
  • Obradoiros de directivos: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
  • Análise do contorno: 3 ECTS
  • Xestión da Empresa Familiar: 3 ECTS
  • Xestión estratéxica mediante simulación empresarial: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
  • Sistemas de Información. Xestión das TIC: 6 ECTS
  • Obradoiros de directivos: 6 ECTS (3 ECTS corresponden ao primeiro cuadrimestre e 3 ao segundo)
  • Prácticas en empresas: 6 ECTS
  • Tese de máster: 6 ECTS

Lugar de impartición

Facultade de Economía e Empresa (aula POP-4)

Horario

Primeiro cuadrimestre: De luns a venres das 16:00 ás 21:00 h
Segundo cuadrimestre: De martes a xoves de 16:00 a 21:00 h

Modalidade

100% presencial

Preinscrición en máster

Calendario académico

Nota importante: as actividades académicas docentes do MUDAE inícianse no mes de outubro.

contacto

Consultas académicas

María Carmen Gago Cortés

Coordinadora

+34 881 012 460

m.gago@udc.es

Consultas administrativas sobre o procedemento de inscrición e a documentación necesaria

acceso.master@udc.gal

Consultas técnicas sobre a aplicación informática de inscrición

unidade.sigma@udc.gal