8M EN LA FEE

8M EN LA FEE

Seminario "Igualdade de Xénero na UDC"

Imparten: Mª José Abad (subdirectora da OIX) e Ángeles Longarela Ares (representante de Igualdade na FEE)
Organizan: PAT e OIX da FEE
Data e hora: Mércores 01/03/2023 de 19:00 h a 20:30 h
Lugar: Teams Fin prazo de inscrición: 28/02/2023 - 14:00 h 
Formulario de inscrición: https://bit.ly/igualdadexenero2023
 
 
Tema: Falarase das funcións da OIX, da utilidade para a comunidade universitaria, de sumisión química e violencias sexuais e do funcionamento do protocolo de acoso na UDC.
 
Mesa redonda "Mulleres loitadoras: as cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña"
Data e hora: Martes 21/03/23 de 11:30 h a 13:00 h
Lugar: Facultade de Economía e Empresa (Salón de Graos) 
Formulario de inscrición: https://forms.office.com/e/5JjZBuKvZe

Interveñen: 

 

  • Dna. Ana Romero Masiá (Catedrática de Historia, profesora emérita, directora do Instituto José Cornide, membro correspondente da Real Academia Galega e membro da Asociación Cultural Estudos Históricos de Galicia)
  • Dna. Asunción López Arranz (profesora contratada doutora de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade da Coruña)

  • D. Luis Alonso Álvarez (profesor emérito, catedrático de Historia Económica da Universidade da Coruña).

 

Modera e organiza: Ángeles Longarela Ares (representante de Igualdade da FEE e profesora da Universidade da Coruña)

 

Mostra bibliográfica 8M "Cigarreiras. Fábrica de tabacos - A Coruña"

 

 
Data: Marzo -  Abril 2023 
Lugar: Biblioteca da FEE
Organizan: Biblioteca e representante de Igualdade da FEE
Tema: Nesta mostra bibliográfica queremos render homenaxe ás mulleres traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña, que levaron a cabo a primeira folga de mulleres en Galicia. A fábrica, que funcionou dende as primeiras décadas do século XIX e durante case 200 anos, converteuse no maior colectivo obreiro de Galicia reunido nunha única instalación, cun gran peso na economía tanto coruñesa como galega.
 
Mesa redonda "Experiencias de éxito en economía sustentable"
Entre outras relatoras e relatores, MULLERES COLLEITEIRAS aportarán unha perspectiva de xénero do seu proxecto.
 
Data e hora: 27/03/2023 de 15:30 h a 17:00 h 
 
Lugar: Facultade de Economía e Empresa
Organizan: Green Campus FEE e representante de Igualdade da FEE, coa participación de antigo alumnado
Compartir esta noticia: