CANDELA PICO CALVO, GAÑADORA DO CONCURSO DE PÓSTERS DIVULGATIVO-CIENTÍFICOS DAS XORNADAS 8M

CANDELA PICO CALVO, GAÑADORA DO CONCURSO DE PÓSTERS DIVULGATIVO-CIENTÍFICOS DAS XORNADAS 8M
O mércores 20 de marzo, entregouse un diploma e lote de agasallos á gañadora do concurso de pósters divulgativo-científicos das Xornadas 8M, Candela Pico Calvo. Esta alumna de ADE foi galardoada polo póster titulado "LAS RAQUETISTAS". En segundo lugar, quedou o póster presentado por Miriam Carballo Rodríguez, titulado "AS MOZAS DO RADIO". E, en terceiro lugar, quedou o póster presentado por Nerea Vázquez García, titulado "EL PAPEL DE LA MUJER EN LA INDUSTRIA MINERA". Pódese consultar aquí a resolución do concurso.
 
Entregaron os diplomas e agasallos a decana da Facultade de Economía e Empresa, Carmen Lema Fernández, e a representante de Igualdade e directora das Xornadas 8M, Ángeles Longarela Ares. Parabéns á gañadora e noraboa ás participantes polas súas interesantes aportacións.
 
Na foto, de esquerda a dereita: Carmen Lema Fernández (decana da FEE), Nerea Vázquez García (participante do concurso), Candela Pico Calvo (alumna gañadora do concurso), Miriam Carballo Rodríguez (participante do concurso) e Ángeles Longarela Ares (representante de igualdade da FEE e directora das xornadas).
 
 
Compartir esta noticia: