CHARLA “Oportunidades e ferramentas de mobilidade na Unión Europea”

(En nome de Alfonso Martínez González, Embaixador EPSO na UDC)
Gustaríache coñecer toda a información sobre os programas, redes de información locais e recursos para a mobilidade ofrecidos pola Unión Europea?
Se a resposta é si, non podes perder a charla co Centro Europe Direct da Coruña! Este é un centro a cargo da Deputación da Coruña e forma parte da rede española xestionada pola Comisión Europea. O seu obxectivo é facer Europa accesible para todos e todas.
Este xoves 16 de marzo ás 17:30 no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, celebrarase a charla “Oportunidades e ferramentas de mobilidade na Unión Europea”, na que se tratarán temas como os servizos de información prestados por Europe Direct ou os recursos para a mobilidade na UE.
Se estás interesado/a, podes rexistrarte a través na ligazón: https://forms.office.com/e/yz2pDC2jDF
A charla non será grabada.
Día: xoves 16 de marzo
Hora: 17:30
Duración: 1 hora (aproximadamente)
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa, Campus Elviña
Contacto: @eucareersudc (Instagram) / alfonso.martinezg@udc.es