CHARLAS-COLOQUIO CON EXPERTAS - XORNADAS 8M

CHARLAS-COLOQUIO CON EXPERTAS - XORNADAS 8M
O luns 18 de marzo tivemos o pracer de escoitar os relatorios de Dona Ofelia Rey Castelao, Premio Nacional de Historia de España 2022 e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e de Dona Ana Sixto Barcia, profesora da Universidade de León, quenes nos falaron, respectivamente, de como gañaban a vida as mulleres na economía da Galicia moderna e da formación feminina nunha economía familiar e de subsistencia na Galicia dos ss. XVIII-XIX.
Na sesión da tarde, puidemos escoitar as intervencións de Dona Elvira Lindoso Tato e de Dona Margarita Vilar Rodríguez, profesoras da Universidade da Coruña, quenes nos falaron, respectivamente, do rol das mulleres na empresa galega no século XIX e das mulleres nos hospitais psiquiátricos en España durante a dictadura franquista.
 
Agradecemos profundamente a súa participación nestas xornadas que resultaron tan enriquecedoras como interesantes.
 
Na foto de portada, de esquerda a dereita: Dona Carmen Lema Fernández (decana da FEE), Dona Ofelia Rey Castelao (relatora da USC), Dona Ángeles Longarela Ares (representante de igualdade da FEE e directora das xornadas) e Dona Tamara González López (co-organizadora das xornadas). Detrás, na pantalla, Dona Ana Sixto Barcia (profesora da Universidade de León).
 
 

Compartir esta noticia: