CULLERCIENCIA 2024

CULLERCIENCIA 2024
Volvemos sacar a ciencia á rúa no Paseo Marítimo do Burgo (Culleredo).
Persoal docente e investigador da FEE participou na VI edición da feira científica Cullerciencia, partillou coñecemento, xogos e moita diversión.
Grazas ao CEIP Plurilingüe Ría do Burgo por organizar un ano máis esta festa lúdica do coñecemento.
As actividades presentadas na feira foron:
- Dar a coñecer a Teoría de Xogos a través dun xogo de cartas dos superheroes Marvel (Brais Pociña e Paulino Montes).
- Resolver o reto “canto custa a túa camiseta?”, pegada de carbono, auga, traballo infantil, e salario mínimo do país no que se fabricou (Ángeles Longarela e Emilia García Arthus)
- Traballar para a redución da pegada de carbono a través dun puzzle climático: alimentación, mobilidade, fogar e lecer (Vanessa Mato e Noelia Salido)
- Xogar e aprender sobre a xestión dos bens comunais (Manuel Gómez Suárez)
- Rosconomía: xogar ao “rosco” da Economía (María Cendán Castillo)

Compartir esta noticia: