Jornadas 8M 2025 "Emprendedoras y mujeres del mar: finanzas, trabajo y comercio marítimo en perspectiva histórica", del 10 al 12 de marzo.

XORNADAS 8M 2025
Co título "Emprendedoras e mulleres do mar: finanzas, traballo e comercio marítimo en perspectiva histórica" este ano queremos conmemorar o Día Internacional da Muller visibilizando a implicación na vida empresarial, laboral e financeira das mulleres do mar desde unha perspectiva histórica, especialmente nos eidos do comercio marítimo e a actividade da industria pesqueira. Deste xeito, abordaranse as dificultades e obstáculos para a súa plena participación neste sector, e os logros acadados ao longo do tempo. O enfoque adoptado integra o carácter divulgativo co académico para achegar contidos cunha base científica sólida e experiencias reais, dun xeito accesible e ameno, tanto ao estudantado como ao público en xeral, a través dun programa con charlas-coloquio con persoas expertas na materia procedentes da academia, unha mesa redonda con emprendedoras e traballadoras do sector ou que axudan a visibilizalo a través da cultura, un obradoiro práctico e exposición/mostra bibliográfica sobre o tema.
PROGRAMA XORNADAS 8M. Emprendedoras e mulleres do mar: finanzas, traballo e comercio marítimo en perspectiva histórica.
Do 10 ao 12 de marzo de 2025. Inscrición: https://bit.ly/xornadas8M2025
10/03/2025, 16:00 – 17:30 h: Presentación da exposición e mostra bibliográfica “Tecendo redes: traballadoras da industria pesqueira e marítima en Galicia”. Dispoñible todo o mes de marzo. Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa.
11/03/2025, 09:30 - 14:00 h. Charlas-coloquio sobre emprendedoras e mulleres da industria pesqueira e marítima dende o século XVIII ata a actualidade. Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa.
9:30– 10:00: Rexistro e benvida
10:00 – 10:15: Apertura das xornadas coa Vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC, decana e representante de igualdade (OIX) da Facultade de Economía e Empresa
10:15 h – 13:30: Charlas-coloquio con descanso intermedio:
-
"Os oficios das mulleres do mar en Galicia" Dra. Ana Romero Masiá (Catedrática de Historia e profesora emérita, correspondente Real Academia Galega).
-
"Empresarias marítimas do Cantábrico e Atlántico galegos e outras mulleres (XVIII-XIX)" Dr. José Mª Leal Bóveda (Universidade Nacional de Educación a Distancia).
-
"O papel das mulleres nos portos europeos" Dra. María Barreiro Gen (Universidade da Coruña)
-
"Ventos de cambio: finanzas, traballo e comercio marítimo das mulleres andaluzas (SS. XVIII-XIX)" Dra. Elizabeth García Gil (Universidade de Jaen)
13:30-14:00: Debate e peche da sesión da mañá
11/03/2025, 16:30 – 18:30 h. Mesa redonda “Mulleres salgadas: sector pesqueiro actual dende un enfoque feminista”. Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa.
-
Dna. María Vázquez (actriz da película “Matria”).
-
Dna. Sandra Amézaga Menéndez (secretaria de Mulleres Salgadas – Asociación Galega de Mulleres do Mar).
-
Dna. María Vales Martínez (mariscadora a pe, ex patroa maior da Confraría de Vilanova)
-
Dna. Dolores Gómez Ordoñez (bateeira, empresaria e presidenta de Aspromeri (Asociación de Productores de mexillón de Rianxo))
12/03/2025, 11:30 – 13:30 h. Obradoiro “Sereas e salitre: o rol feminino no mar” e faladoiro sobre o libro “La isla de las mujeres del mar” de Lisa See. Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa.
Consulta o programa detallado aquí: https://bit.ly/X8M2025Pro