PÓSTERS DAS XORNADAS 8M "MULLER E EMPRENDEMENTO: AS NOSAS REFERENTES"

PÓSTERS DAS XORNADAS 8M

Dúas emprendedoras que en tempos difíciles, nos que a maioría das veces a muller estaba relegada aos labores do fogar e atopábanse cos atrancos dunha sociedade machista, decidiron sacar adiante o seu propio negocio e deixaronlle ás novas xeracións da súa familia un legado de fortaleza, coraxe e sabedoría. En “Feminismo arxentino en Lugo”, Leticia fálanos da historia súa avoa María Amelia, emigrante retornada de Arxentina que cunha educación básica abriu unha tenda-bar que se convertiu no lugar de encontro no que as mulleres do barrio compartían as súas inquedanzas. En “Miña avoa, unha loitadora”, Elisa fálanos da historia de súa avoa María Magdalena, que pasou de adicarse ao fogar a fundar o seu propio negocio e a conducir o seu propio coche, a pesar das reticencias do seu entorno. Os pósters estiveron expostos na entrada da facultade dende o 8 ao 11 de marzo. Resolución do Concurso.

Compartir esta noticia: