Universidade da Coruña, Inditex y la Asociación Gallega de la Empresa Familiar firmaron hoy, 21 de febrero, la renovación del convenio de la “Cátedra de Empresa Familiar UDC”.

A UDC, Inditex e a Asociación Galega da Empresa Familiar, unidos no intercambio de coñecemento e investigación no eido da empresa familiar
Esta mañá tivo lugar na Reitoría da Universidade da Coruña a sinatura do convenio de colaboración entre a UDC, a Asociación Galega de Empresa Familiar (AGEF) e a empresa Inditex, para a renovación da Cátedra de Empresa Familiar Universidade da Coruña, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar o intercambio de coñecemento e experiencia no ámbito da docencia, investigación e transferencia vencelladas á empresa familiar.
O acordo foi subscrito polo reitor da UDC, Ricardo Cao Abad; o presidente da AGEF, José Bernardo Silveira Martín; e o secretario Xeral e do Consello de Inditex, Javier Monteoliva Díaz.
A Cátedra, diirixida pola profesora Berta Rivera terá unha duración inicial de 4 anos, organizará baixo o seu paraugas diversas actividades enmarcadas en catro principais liñas de actuación: a formación, a investigación, a divulgación e a colaboración institucional. No que respecta á formación, entre as iniciativas previstas están a docencia en titulacións oficiais da Facultade de Economía e Empresa, a dirección de TFG e TFM relacionados coa Cátedra, a elaboración de obradoiros e conferencias ou a visita a empresas familiares.