XORNADA SOBRE ECONOMÍA SOCIAL

XORNADA SOBRE ECONOMÍA SOCIAL
Dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia están a realizar unha Xornada sobre Economía Social nas tres Universidades Galegas. Trataríase dun evento dunha hora de duración (máximo), coa seguinte estrutura:
 
  • Apertura e explicación sobre a economía social
  • Casos reais de empresas de economía social
    - Centro especial de emprego
    - Empresa de inserción
    - Cooperativa
    - Sociedade laboral
  • Peche institucional
 
Os participantes nos casos reais estarán propostos dende a Consellería e acudirá ao evento a Conselleira do ramo e/ou o Secretario Xeral.
 
Esta actividade desenvolverase o día 24 de abril ás 13.00 no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa.
Compartir esta noticia: