Por orde da decana, convócoo á próxima reunión ordinaria da Xunta da Facultade de Economía e Empresa que terá lugar o venres 9 de febreiro do 2024 no Salón de Graos ás 12:00 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 horas en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA
1. Aprobación, se proceder, da acta da Xunta de Facultade ordinaria do 19/12/2023
2. Informe da decana
3. Aprobación, se proceder, do Plan Estratéxico da FEE 2024-2026
4. Aprobación, se proceder, do peche polas tardes da Facultade na Semana Santa de 2024
5. Informe sobre a adscrición de materias básicas dos graos a ámbitos de coñecemento (RD
822/2021)
6. Asuntos de trámite
7. Rolda aberta de intervencións.