Por orde da decana, convócoo á próxima reunión ordinaria da Xunta da Facultade de Economía e Empresa que terá lugar o mércores 10 de abril do 2024 no Salón de Graos, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA
1. Aprobación, se proceder, da acta da Xunta de Facultade ordinaria do 11/03/2024
2. Informe da decana
3. Aprobación, se proceder, da proposta PDA 2024/2025 (excel)
4. Aprobación, se proceder, da concorrencia da FEE á convocatoria de modificacións non substanciais dos graos para a adaptación ao RD822/2021
5. Asuntos de trámite
6. Rolda aberta de intervencións